Metidos de cheo no mes das Letras Galegas, “Luar” dános a benvida coa actuación do cantautor Amancio Prada, que interpreta o cantar de Rosalía de Castro, “Maio Longo”. Tamén dada a próxima celebración do Día da Nai, o programa fai unha dedicatoria especial ás nais, en xeral, e, en especial, ás dos seus colaboradores. Seguindo coas actuacións musicais, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentan en Luar o primeiro sinxelo de Noró, o seu último traballo, que leva por título “O baile de Noró”. Tamén ofrecen un ramo de coplas de Mar e Terra, xunto ao artista leonés Amancio Prada. O grupo de rock galego Astarot interpreta a súa versión do poema de Rosalía Castro, “Airiños, Airiños, Aires”. Ángeles Muñoz e Dionisio Martín, o dúo artífice de Camela, volven cos seus ritmos de techno-rumba, que mesturan melodías pegadizas de sintetizador e sons para bailar. As actuacións musicais complétanse cos sons da terra de Otero&Romero Enxebre, Trébede, Pandeireteiras Siderais, da agrupación folclórica C