O ídolo adolescente Abraham Mateo volve a Luar para interpretar os seus temas “Mi vecina”, “When you love somebody” e “Guilty Pleasure”. Despois das orellas e das filloas de sangue que xa probou no seu paso polo programa, Xosé R. Gayoso e o equipo do “Luar” faranlle degustar ao artista gaditano un novo prato típico galego. O programa tamén conta coas actuacións da cantante e compositora malagueña Vanesa Martín e da orquestra Charleston Big Band, que lle dá á noite ritmo de cumbia e merengue. Coma cada semana, tamén hai un espazo reservado para os grupos galegos tradicionais, no que participan A Banda Municipal de Foz, a Agrupación Cotogrande e a Agrupación Antaruxas e Sorteiros. Ademais, o colaborador do programa Blanco Campaña presenta o Coro Parroquial de San Mamede. En “Leña a Ferreña”, a sección presentada por Pile Alonso, enfróntanse as pandeireteiras Aida Ulloa e Margarita Varela. O amor tamén está presente na sección “Luar de mel”, presentada por María Carballeira e en “Trucos