A elección de Miss Vaca centra esta emisión de Luar, pola que pasan exemplares das catro provincias galegas. En canto ás actuacións musicais, o programa recibe a Edu Fernández, un licenciado en Belas Artes que se converteu en viral con “Chica de la Coru”, un tema inspirado en “I follow” de Lykke Li, que conquistou as redes sociais. Tamén actúan a cantante Pili Pampín e grupo de rock coruñés Los Remasters, especializado en versións dos anos 60 e 70. Completan o cartel as actuacións da orquestra Alarma, das Retranqueiras de Ames e das Lagharteiras, un grupo de pandeireteiras de Mos que acaba de presentar o seu primeiro disco, unha selección de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradición oral galega. No concurso Recantos, coñecemos o nome do primeiro finalista.