En Santalla, son moi diferentes as opinións sobre os turistas. Don Venancio ve o peor neles, pero outros veciños pensan que serían moi positivos para a economía da vila. Elías, atópase cunha parella de hippies que está a percorrela zona cunha furgoneta e invítaos a instalarse nas súas terras coa perspectiva de facer negocio con eles. Convence a Carmiña para que faga encaixes e venderllos. Carmiña descubre a marihuana, pensa que é o nome dunha xove, Marijuana; sen se decatar envía a Senén máis a Elvira ...