María está máis contenta con Marcos, de feito suborna a Pabliño para que os deixe sós na casa. Ela pretende quedar en Santalla, pero don Román aconsella a seu fillo, que é mellor que estean un tempo separados para non agoniarse. María e Deli seguen falando de relacións íntimas, Deli confesa que todavía é virxe. Unha conversa entre Pabliño e Elías sobre as ubres das vacas acaba derivando acerca da conveniencia ou non da utilización das modernas ordeñadoras. Don Venancio, trae a nova de que hai unha fan...