Elías atopa no medio do monte a dúas monxas nunha comprometedora situación. Trátase da Madre Superiora do convento de Deli e Engracia, outra xove monxa, que chegan a Santalla. Don Venancio preocúpase pois non quere que se saiba que dúas monxas de clausura andan soltas polo pobo. Fai que se vistan de seglares; os Cabanas que están ó tanto da situación, préstanlles roupa. Deli non quere falar coa Madre Superiora, e refúxiase na excusa da enfermidadede Freire a quen coida xunto con Iris. Engracia, está fe...