Milucho e don Venancio chegan á conclusión de que están máis ca fartos de ver a vila chea de lixo. O xove barman fala co seu tío Senén, para que desde o Concello fagan algo, de feito acaba apostando que en dous días terá o pobo limpo. Elías, tras comentar a Milucho que co pobo limpo atraerán turistas nórdicas coma as das revistas, apúntase á febre da limpeza. Pero súbeselle tanto que comeza a multar a todos os que non cumpran as súas directrices. Elías multa a Deli, quen coa axuda de Freire vingarase d...