Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocalo incendio, pero a remolacha quedou moi danada. Manuel e Freire confían que o seguro se faga cargo, pero María acaba confesando que lle dera a póliza a Lupe quen se encargaría de entregala. Manuel despois da conseguinte bronca a María, decátase de como a man de Román está tralo sucedido. Elías entérase das vantaxes do seguro, pre...