Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle ó alcalde, documentos e datos económicos do almacén. O alcalde non acaba de fiarse dela, pero accede. A don Román comeza a irritarlle que Marcos e María poidan chegar a algo. Ofrécelle a seu fillo unha viaxe para alonxalo de Santalla, pero él rexéitao. Álvaro intercepta unha das notas entre Marcos e María, manipu...