Noite de San Xoán, noite máxica, en Santalla anhelan a chegada da noite para levar a cabo sortilexios, rituais, preparar pócemas de amor e todo presidido polo fogo purificador. Cosme inicia a Pabliño nos misterios da noite de San Xoán. O neno colle tal medo que ve a Marisiña coma unha meiga, a moza pensa que o rapaz está endemoniado e hai que desenmeigalo. Manuel e Freire están contentos coa preparación da fogueira, queren ver reunidos ós veciños ó redor da cacharela, comendo, bebendo e cantando como n...