Elvira está a recadar cartos pola vila para a Santa Misión ademais de continuar coa súa cruzada e cizaña contra Deli, quen regresa a Santalla. Como Pablo non estudia, Cosme o ameaza coa chegada de mouros sanguinarios, sobre os que abondan lendas na vila. Marisiña tamén queda moi preocupada e aterrorizada cóntallo a Elías. Sara conseguíralle traballo de costureira a Deli para que volva a tela cabeza no seu sitio e pídelle que se arranxe máis. Deli crúzase no camiño con Moisés, o misioneiro africano que ...