Don Venancio está moi alporizado pola nova moda do cleriman que se está a impoñer en moitas parroquias dos arredores e pídelle a Marisiña que lle confeccione unha sotana nova. Pero non consinte en que unha muller o vexa espido, polo que será Elías quen lle tome as medidas. Deli está moi preocupada porque non ten novas de Telmo, e aconsellada por Sara, acode a don Venancio na procura de consello espiritual. Despois de pasar unha tarde moi agradable e froito dos comentarios no bar, o crego empeza a obsesi...