Chega o Entroido a Santalla e todos, ou case todos pensan en disfrazarse. Son moitos os que lle piden axuda a Marisiña para confeccionalos traxes. Manuel faille unha chanza a seu pai, agóchalle o porco no faiado. Pero non é don Cosme, a única víctima das entroidadas, a don Venancio desaparécelle o confesonario e comunícanlle que o destinan a África. María e Deli disfrazaranse de romanas, Elías e Marisiña de sevillanos, e a sorpresa a darán Freire e Telmo, que fixeran crer que non lles gusta disfrazarse...