Marisiña proba o traxe de noiva de Deli e bótalle unha mancha de cera. Acode a Elías e o remedio aínda é peor. Será Pabliño quen leve o traxe a Telmo quen finalmente conseguirá arranxalo. A xente murmura sobre a relación entre Telmo e Lupe, Senén cóntalle a Román que os víu en actitude agarimosa no bar. Pero Lupe sabe como darlle a volta o asunto e convencer a Román que o fai polo seu ben. Laura é visitada polo seu fillo xunto con María e revélalles a conversa que escoitara entre Álvaro e Román, respon...