Lois Casal está disposto a atopar un vello tesouro das letras galegas: o traballo que Florencio Freire fixera para o Seminario de Estudios Galegos. O caso é que eses papeis foran substraídos hai tempo e moran no faiado de Román. Don Román, sen decatarse de que seu fillo coñece o paradoiro dos documentos, proclama por todas partes que o pai de Freire fora un traidor á Patria.Marisiña e Elías, escoitan falar dun tesouro e pensan que se trata do lendario dos mouros. Afánanse en seguilos disparatados rituais...