AS ANSIAS DE POSESIÓN DE MARCOS E A DECISIÓN DE TOMÁS DE VENDER A SÚA PARTE EN CÁRNICAS SANTALLA COLOCAN A MANUEL NUNHA DIFÍCIL SITUACIÓN. A pesar dos sermóns de don Venancio, os instintos máis baixos dos homes están a ferver en Santalla. Para calmalos, Pepe cre poder escoller: Carmiña, Elvira ou, se cadra, as dúas á vez? Pola súa parte, as ansias de posesión de Marcos non rematan cando leva pola forza a súa muller a Vilariz. Cando semella que María non ten escapatoria posible, comeza a xurdir a complicidade coa súa sogra, Laura, que intúe algo do que acontece con Óscar. Mentres tanto, Tomás está decidido a venderlle a súa participación en Cárnicas Santalla a Marcos. Manuel, que non se perdoa que non lle parase os pés ao seu xenro na súa propia casa, non atopa consolo tampouco no traballo. A decisión de Tomás suporía deixalo en minoría fronte a quen está a abusar da súa filla. Pero para Tomás é moi doloroso ficar en Santalla cando Laura o considera só un amigo. Será precisamente Laura