Nesta nova entrega, farase patente que hai certas cousas que son difíciles de ocultar. Alguén moi próximo a María decátase dun gran segredo: Óscar pode ser o pai do neno que agarda a rapaza. Precisamente por mor de ocultar algo, neste caso que Pepe é calvo e usa perruca, o home verase nun malentendido que pode acabar coa súa saúde, xa que, ilusionado por que lle medre o cabelo, toma unha beberaxe que en realidade é para a medra doutra cousa. A que non ten nada de agochada senón que cada vez é máis visible é a actitude fachendosa de Marcos con toda a súa contorna. En Cárnicas Santalla toma unha importante decisión sen contar cos seus socios e para someter a María mesmo pensará en recorrer á violencia.