A CHEGADA DE FREIRE, E CON EL AS NOTICIAS SOBRE A SÚA SAÚDE, TRAEN UNHA ESPERANZA A SANTALLA. Unha esperanza inunda Santalla: a chegada de Freire e con el as noticias sobre a súa saúde. Sexan boas ou malas, Pepe e Carmiña, por un lado, e don Venancio e Elvira, polo outro, preparan senllos actos de benvida. Coñecendo as dúas parellas, poucos dirían que por unha vez se van pór de acordo nas súas ideas. O regreso de Freire pode supor para Manuel o apoio necesario para evitar que Marcos se converta en acredor da empresa. Na propia casa dos Cabanas, a situación está enrarecida pola prepotencia do seu xenro, quen tamén pon a María entre a espada e a parede. Para a rapaza non se trata só de elixir entre vivir na casa do seu home e a súa sogra, cada vez con máis problemas co alcol, ou quedar en Santalla cos seus pais. Óscar ocupa cada vez máis o corazón de María, tanto que comeza a doer e pensará en poñerlle fin.