Freire esvaece pola súa doenza, ante o horror e a impotencia de Deli. Pero as cousas non só van mal para el, xa que para Cárnicas Santalla a imposibilidade de cobrar un peso do seguro pode ser nada en comparación cos ataques que está a argallar Ramón desde a sombra. Pola súa parte, Laura, ao límite dos nervios, semella non poder levantar cabeza tras o abandono de Telmo, e Óscar non renuncia a María a pesar de telo todo en contra. Nesta atmosfera de desilusión, a corda ténsase cada vez máis, pero, a pesar de todo, aínda pode quedar sitio para a esperanza: a de que Freire atope unha cura.