María debe gardar repouso. Todos se afanan en coidala o mellor posible e recibe varias visitas na casa, entre elas a de Lupe, que sente curiosidade por saber quen é verdadeiramente o pai do neno.  Coa noticia do embarazo de María, parece que o instinto maternal visita as mulleres de Santalla. Mentres Elvira ten como a unha raíña a gata do cura porque está preñada, Pepe pregúntalle a Carmiña se non é o momento de teren xuntos fillos. A criada non pode crer o que escoita. Será verdade que por fin un home...