Laura atópase como unha quinceañeira vivindo seu amor con Telmo. Ambos parecen moi namorados, sen embargo semella que o destino non se quere pór de cara para eles. Continúa o malestar por parte de Marcos, que desaproba totalmente a relación da súa nai, sen embargo hai algo co que non contaba, Laura estará disposta ao que faga falta por ser feliz e vivir a súa paixón. María segue a ser o maior apoio da sua sogra na casa, o que lle custa máis dunha discusión con Marcos. Seguindo cós Lamela Cabanas, continúan ás dúbidas ante o malestar de María. Estará embarazada a moza? Na casa dos Cabanas parece que todos dan por feito que un meniño está por chegar. Por suposto, o que peor está a pasalo con toda esta situación é Óscar.