Neste episodio Marcos indígnase ao descubrir a relación entre Laura e Telmo. Séntese traizoado polo boticario e non aproba o que está a facer a súa nai. María segue apoiando a parella e intentará mediar entre eles e Marcos para que a familia permaneza unida. Pero parece que o rapaz non é o único que ve mal o que acontece, xa que mesmo don Venancio reprende a Laura por ter relacións cun home casado. Así pois, as cousas non se presentan nada doadas para a mestra e o boticario.
Mentres tanto, Freire segue a atoparse mal de saúde, tanto que Sara e Elvira sospeitan que pode ter problemas co alcol. Deli está preocupada polo seu home, aínda que sen saber o que realmente está a pasar. A saúde do indiano parece estar gravemente resentida.
Por outro lado, Balseiro continúa ferido e agochado na pensión, mentres urde un plan que cre que lle va salvar o pelexo: facerse pasar por Daniel Souto. Polo que se refire á granxa, o traballo segue medrando ata o punto de que precisan alguén que lles bote u