Todos en Santalla están abraiados coa nova de que Ramón segue vivo, ninguén o pode crer. Carmiña ten a súa propia teoría ao respecto: Balseiro está morto e o que están a ver é o seu espírito. A criada ten pesadelos con aparicións do máis aló. Elvira parece ser a única que a cre, tanto que lle pide que a poña en contacto cos seus finados. Xunto a Pepe, Cosme e Sara crearán unha divertida situación entre mortos e vivos que dará moito que falar.    Mentres tanto, María segue convencida de que non está embar...