Os homes seguen intentando atoparlle unha explicación á actitude de Daniel. Non poden crer como foron enganados desa maneira e, o que é peor, que Balseiro siga vivo. Séntense estafados e con medo sabendo que Ramón campa aínda ás súas anchas por Santalla. Os seus temores vense confirmados cando Álvaro chega coa nova de que o ex alcalde pensa destruír a granxa. Todos se unirán para defender o seu negocio.    Mentres, Daniel segue atrapado polo matón, a quen anima a fuxiren xuntos, fóra do alcance de Balsei...