Este episodio de “Libro de Familia” comeza cos homes da granxa abatidos tras a marcha de Daniel con todos os cartos. Non poden entender como foron enganados desa maneira e non o viron antes. Ante esta situación, Marcos propón entrar no negocio, idea que os homes ven con moi bos ollos. Aínda así, non todo serán boas novas na granxa, xa que as intencións de Balseiro seguen a ser escuras cara aos habitantes de Santalla. Mentres, Lupe atópase amolada e moi atordada con todo o acontecido. Séntese culpable, de...