Parece que todo vai vento en popa na granxa. Rematadas as obras, chega un novo camión de porcas, algunhas delas preñadas, e saen tamén á venda os primeiros chourizos da empresa, pero a un prezo prohibitivo. O ruxerruxe de que queren facerse ricos á súa custa comeza na vila, así que Milucho e don Venancio planean facer cartos tamén exercendo de intermediarios. Pepe será a súa vítima e van ser moitas as historias que argallan para conseguir unha boa comisión. Pola súa parte, Manuel segue incomodado pola n...