Despois de vivirse en Santalla un dos momentos máis difíciles da relación veciñal por mor das verteduras da granxa ao río, Manuel Cabanas vai onde Tomás para contarlle o que lle escoitou falar por teléfono a Daniel, o xerente, uns comentarios que levantan as sospeitas de ambos os dous e deciden seguir as súas accións máis de preto. Doutro lado, a mestra de Vilariz, María, intenta loitar contra os sentimentos que lle esperta Óscar, o seu compañeiro de traballo, para que a convivencia sexa o máis normal p...