Todos están expectantes na vila de Santalla para saber como lle foi a Marcos coa súa operación en Suíza, especialmente María, que aínda non pode ter ningunha noticia por mor de Álvaro, que lle borra a mensaxe do contestador. A pesar de que as noticias de Marcos acaban por ser boas, o certo é que María prefire volver vivir en Santalla e ir desde a vila a traballar a Vilariz, unha situación que pon en alerta a súa familia sobre se estará pasando unha crise matrimonial, para finalmente desafogarse coa nai....