Nas escenas de “Libro de Familia”, na vila de Vilariz, agardan impacientes as noticias procedentes de Suíza sobre a operación de Marcos, momentos de nerviosismo tanto para María coma para Álvaro, para este porque aínda sente remordementos de conciencia polo accidente de Marcos e para ela porque non sabe o que comeza a sentir por Óscar, o profesor amigo. Pola súa parte, Lupe e Óscar conseguen, grazas á herdanza de seu pai, liquidar a débeda para non perder a casa, pero aínda non saben que facer co resto d...