A vila de Santalla non dá feito con tantas sorpresas e discusións entre os seus veciños, para comezar por Lupe e Óscar, quen despois de ter descuberto os cartos que lles deixou en herdanza o desaparecido Balseiro, non se poñen de acordo en que facer con eles, namentres Álvaro lles está facendo chantaxe. Doutro lado, María recibe por fin a chamada de Marcos informándoa da inminente operación, algo que a fai reflexionar sobre a súa verdadeira relación con Óscar durante este tempo de ausencia de Marcos.  ...