O negocio inmobiliario que o novo alcalde, Ramón Balseiro, proxecta para a vila de Santalla, despois de que os labregos deran o seu beneplácito para negociar, parece ir sobre rodas, polo que os operarios se ven na necesidade de comezar a desmontar o invernadoiro, que tanto traballo e desgustos lle custou a Manuel Cabanas e que agora non dá crido o que está pasando; namentres que Freire, un dos máximos colaboradores do alcalde, tamén comeza a desconfiar das súas verdadeiras intencións. Noutras escenas, S...