O tempo que transcorre en Santalla encárgase de recordarnos que na vila tamén ocorren acontecementos que están a cambiar a vida dos seus personaxes, como non podería ser menos a vida de Carmiña, a quen lle parece espertar o reloxo biolóxico, aínda que non vai conseguir que o seu mozo, Elías, se comprometa a casar. Para calmar o enfado da súa moza, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla lles deixou coidar do seu bebé acabado de nacer. A partir de aquí, desataranse unha serie de divertidos enre...