A vila de Santalla atópase dividida entre aqueles que prefiren seguir loitando polo negocio do invernadoiro como futuro e os que están dispostos a apoiar os novos plans inmobiliarios do flamante alcalde, Ramón Balseiro, que ve neste sector unha aposta de futuro para a vila. Amais, Balseiro suxírelle a Elías que tal vez tería cabida nos seus novos plans traballando como albanel, polo que o taxista, axudado por Carmiña, porá todo o seu empeño en amosar ao alcalde que non se equivoca no caso de contratalo. ..