A vila de Santalla amence con novo alcalde, Ramón Balseiro, e deste xeito ábrese unha nova páxina en “Libro de Familia”, que evoluciona cara novos tempos, a remolque dos acontecementos. Para empezar, as iniciativas e decisións do novo rexedor van causar máis dun conflito no invernadoiro, xa que os traballadores non se deixan desprazar polos novos negocios do sector inmobiliario. Noutra fronte de conflitos, neste caso sentimental, sitúase a relación entre Manuel Cabanas e Deli, que van decidir non volver ...