Toda a vila de “Libro de Familia” amence consternada por mor do incendio que se produce na casa de Laura, que ninguén acerta a saber como se orixinou, así que os rumores se disparan entre os veciños de Santalla porque o suceso ocorre  xusto cando Laura está a pechar con Ramón o contrato de compra – venda da casa familiar dos Lamela. Namentres se esclarecen as causas, Laura terá que quedar na casa dos Cabanas, converténdose deste xeito na confidente da súa consogra, Sara, que lle vai confesar a súa preocu...