Elvira e Milucho intentan buscar unha solución tras o revés económico que están a pasar. Mentres Milucho atopa unha pensión onde pasar a noite, Elvira segue na rúa. A pesar da testarudez desta, don Venancio e os demais veciños empeñaranse en axudala. Elvira trata de buscar traballo na casa de Laura, finalmente Sara ofrécelle un labor no invernadoiro.