Carmiña recibe unha chamada anunciándolle unha visita. Axiña comeza a preparalo todo para que estea perfecto cando chegue o seu invitado.Elías ponse celoso ante as múltiples molestias que Carmiña está a tomar polo descoñecido polo que, xunto con Sara e Cosme, intentarán sonsacar de quen se trata. Pouco imaxinan eles que lles agarda unha grata sorpresa a todos. Marcos, confuso ante o comportamento de María, afoga as súas penas na bebida. Mentres, a directora sufriu un cambio de look que sorprende a todos,...