Por fin chega o día da pedida de man. Sara e Laura están nerviosas pola futura voda dos seus respectivos fillos, en cambio os nervios de María parecen vir doutra banda, e non precisamente pola felicidade. As dúbidas asaltan á moza que se mostra insegura do paso que vai dar. Sorprendentemente atopa na súa futura sogra á súa mellor aliada, ante a incredulidade de Marcos. Doutra banda, Sara tivo unha idea brillante para sacar adiante o invernadoiro. As mulleres do pobo móstranse entusiasmadas ante a idea de...