Elvira non esquece e como parece ser que Senén está a piques de volver a Santalla, a beata prepáralle unha benvida como Deus manda. Pero en lugar de Senén chega un tal Carlos, compañeiro de correrías de Senén na Coruña, disposto a lavar a honra do seu compañeiro ante a súa esposa. A ira de Elvira cébase con el e a deste con Elías por haberlle entregado as tan comprometidas fotos de Senén á súa muller.Tomás padece mal de amores e todo o mundo se decata. Non é capaz de superar o de Celia. Non está afeito a...