Por Santalla corre o rumor, do que se fai eco Elvira, por suposto, de  que hai un adúltero no pobo. Intentarán descubrilo, iso si, a costa do pobre Elías e da súa roupa interior. A cuestión é que, ao estenderse o rumor, Manuel e Deli póñense nerviosos, a pesar de que a súa situación, aos poucos vaise normalizando grazas ao talante de Freire.Marcos pídelle explicacións a Laura polo que lle fixo a María. O mozo está desinformado, do mesmo xeito que María. Unha gran sorpresa espéralle á filla de Manuel por ...