Como se ignorase as diversas convulsións que está a vivir a vila de Santalla, o párroco D. Venancio decide organizar unha colecta para facerlles un agasallo a Deli e a Freire con motivo do seu aniversario, xustamente nun momento en que non anda demasiado ben o seu matrimonio, pois a tensión afectiva entre ela e Manuel Cabanas vai medrando. Pero o encargado de recollero regalo, o taxista Elías, comete un erro, que intentará arranxar coa axuda de Carmiña. Tampouco a relación entre Cosme e o seu fillo Manue...