A vila de Santalla amence cunha nova que acontece cando Carmiña, que ten unha galiña choca, necesita conseguir un galo da súa categoría e a solución pasa polo párroco, D. Venancio, que ten un galo chamado Sansón que nunca falla, tanto é así, que Carmiña consegue que a súa galiña poña ovos con dúas xemas, cos que intentará facer negocio. Doutro lado, despois do regreso de Freire, a relación de Deli con el é cordial pero distante, así que a nova situación contribúe a que ela se achegue aínda máis a Manuel ...