Un dos acontecementos que convulsiona a vida de Santalla é a noticia da morte de Inés, que causa un fondo pesar, sobre todo en Freire, que non atura a súa casa e marcha á de Tomás; ábrese así un novo capítulo na súa relación con Deli, quen encaixa con bastante dignidade a relación ilícita de seu home con Inés. Namentres, a vida da beata Elvira tamén se ve algo alterada polo baixón de ánimo que sofre e que intenta remediar bebendo unhas copiñas de máis... tantas que os veciños van aproveitar a situación p...