Cosme trata de  mante-lo segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila, feito que acaba por tolear a Elías cando ve que o cesto do indián se enche de peixes mentres o propio Freire non da sinais de vida. Carmiña persegue a Elías polo río abaixo en procaz actitude, coa fin de distraer ao taxista e que non descobra que o cesto de Freire éncheo Cosme. Freire des...