Aínda hai certos aspectos legais que impiden á xente da compañía facerse coas terras dos rebeldes. Laura está facendo todo o posible para deter as obras dun xeito civilizado. Esta perseveranza da mestra fará que algúns perdan a paciencia e cheguen a ameazala na súa propia casa.O almacén de Freire e Manuel fai augas. Xa non é un negocio rendible, pois ninguén traballa xa unhas terras que pronto poden acabar mergulladas. Tomás proponlles unha solución ben remunerada pero a favor da compañía.Cosme e Carmiña...