A noticia da fuxida de Don Román está na boca de todos xa que, despois de varios días, ninguén coñece o seu paradoiro. Mentres toda a vila fai cábalas sobre a súa desaparición, o último enganado do alcalde, Pedro, vai facendo o que pode a cargo das propiedades de Laura: ao igual que Manuel e por contra de Tomás, cre que non é conveniente que se constrúan as casas. A estas preocupacións, o curmán de Laura terá que sumar outras: un personaxe sinistro, Eladio Varela, citará a Pedro para facer uns negocios q...