Como Robin Hood nos bosques de Sherwood, Elías e Carmiña xogan a converterse en defensores dos pobres e oprimidos nos montes de Santalla e, para que teñan que comer, roubaranlle aos ricos. Porén estas trasnadas non durarán moito, pois pronto toparán coa igrexa. Tamén polo bosque de Santalla, a Garda Civil segue buscando ao maqui que tantas preocupacións está a dar a Don Venancio. Ademais, a este desacougo do alcalde únese a chegada do seu irmán Eusebio, quen decide vestirse de sacerdote para despistar ao...