A película Sor Citroen causa furor no pobo. Carmiña e Elvira comezan unha feroz competición para ver quen aprende antes a conducir. Tomás e don Venancio serán os seus monitores particulares. Os celos non tardarán en aparecer. Celos, coches e velocidade. Mala fórmula. Que Deus nos ampare. Ainda que Tomás aclara todo con Laura respecto ao malentendido do episodio anterior, queda moi intrigada en relación co asunto. Tentará averiguar por todos os medios, quén é o novo amor de Tomás. Manuel, dada a súa situ...