Aínda que a situación é complicada na casa dos Lamela, Laura tenta acercarse a Maribel. Falan de homes, tema que a moza coñece profundamente, e á mestra se lle ocorre a idea de poñer a proba a Tomás. Pretende que Maribel o seduza para ver ata que punto lle é fiel. María está deprimida por todo o concernente a Marcos e a Maribel. A súa nai xa está ó tanto do asunto, pero deixa que sexa a súa filla quen busque consolo. Don Román comeza a inquedarse pola presenza da moza na súa casa. Unha vez máis recorre ...