Carmiña quéixase de que non para de traballar, séntese explotada e don Cosme apóiaa. A moza quere algo mellor, cre que merece algo máis porque ve o seu futuro algo negro. María organiza un plan no que están implicados Sara, Pablo, Cosme, Deli... Elvira. Carmiña substituirá a Deli no negocio durante unha xornada, así probará con outro emprego. Uns cantos vanse encargar de que ansíe volver aos seus quefaceres domésticos por sempre xamais. María bota de menos a Marcos. Quere que regrese a Santalla, faillo...